Doce lingua

Onte na EOI da Coruña, no Festival de “CinEOI Coruña Curtas” tiven a oportunidade de escoitar en directo a Najla Shami. É a música, o sorriso e por riba de todo “Na lingua que eu falo”.    

Eclipse

Eclipse solar, 20 de marzo de 2015.  A Coruña.              

2ª Edición de Modo Retrato

Por segundo ano consecutivo estou a realizar a 2ª Edición de Modo Retrato II, un proxeto que nace coa colaboración da Escola Oficial de Idiomas da Coruña, onde son alumna de Inglés (como non, step by step). En entradas anteriores a esta podedes consultar os inicios deste proxecto. Esta vez animáronse a posar traballadores do Centro, gracias a eles por participar! Encántame traballar ca xente, fotografar persoas é sempre algo vivo, dinámico, enriquecedor e sempre me sorprende. Benvidas as sorpresas! Gracias a Nerea, Jorge e Eva, o “equipo A” deste ano. 1, 2, 3 foto! E mentras na espera, probando o set e a iluminación.        

MODO RETRATO I

Últimas sesións de Modo Retrato. A

MODO RETRATO I

Primeiro día das sesións fotográficas de MODO RETRATO. Gracias ós que estades participando pola vosa boa enerxía!  e continuaremos este venres 28. Fotos de Ana, Eva, Natsuki e Daniel ( o equipo de M.R. ) de cómo foi o día.          

PROXECTO MODO RETRATO

Proxecto fotográfico que se está a desenvolver na Escola Oficial de Idiomas da cidade da Coruña, entre todos os alumn@s que compartimos gusto pola Fotografía, polo mundo dos idiomas alleos, e que nunca mellor dito queiran poñe-lo careto! Co book resultante dos retratos presentaráse una Exposición Fotográfica nas instalacións da escola. Gracias a Nuria e Susana, da Dirección do Centro, polas facilidades e apoio. Gracias a Eva, Ana, Natsuki e Daniel, ós que atopei polo universo nipón.  ありがとうございます! E aquí vos deixo un dos primeiros retratos familiares que se conseguiron facer cando se foi reducindo o tempo de exposición, co cal as persoas xa non tiñan que estar minutos e minutos posando quedos como estatuas.   E xa no século XXI este é parte do equipo de MODO RETRATO, Ana e Eva, a dinamita sureña que nos quita sempre un sorriso loiro e quente, e a nosa ratatouille favorita!!…   … o xaponés máis galego, Natsuki! ありがとうなつきさん。     …e o galego máis xaponés, Danielsan.                                            

BCN B/N

Barcelona, febreiro 2014 Mercado da Boquería     Cafetería da Pedrera (Casa Milá) Restaurante Cuisines no mercado de Santa Caterina   Ramblas   Park Güell    

Oporto

Oporto ou Porto, como se dí en portugués. Encántame esta cidade, está preto, no país veciño, que realmente para mín é coma se non saíses da Galiza! Estas son unhas fotos da miña última viaxe aló, no ano 2010. Facía un día gris, encapotado, pero despois dunhas voltiñas pola beira do río Douro e despois dalgún viño que outro sempre sae o sol!!  

Corre Coruña

Endorfinas dormidas, esperten!                               Aquí remato que xa estaremos cansos. Ata o próximo blog!!
error: Content is protected !!